21 de abril de 2024

LIBROS FORA

 Unha das actividades que todos os anos levamos a cabo no mes de abril dentro do mes adicado aos libros consiste en  levar os libros ao patio.

Alí desfrutamos da lectura ao aire libre e compartida cos nosos compañeiros e compañeiras.

Libros fóra de Susi

20 de abril de 2024

PLANTAMOS NO HORTO

Voltamos ao horto plantar pementos, cebolas.... seguimos coa nosa plantación. 
Mirade como se nos deu. 
Agora toca agardar que sempre é o máis difícil.
Plantamos no horto de Susi

19 de abril de 2024

VERBATECA

O pasado martes grazas ao Concello de Ourense recibimos a visita dunhas piratas moi especiais que nos encomendaron unha misión: capturar verbas en galego.
Tivemos que levar a cabo varias probas pero por fin, acadámolo e puidemos levar un cofre co tesouro máis importante, as verbas no noso idioma: o galego.
Velaí  como nos foi a mañá de aventuras.

Verbateca de Susi

18 de abril de 2024

A ENFERMEIRA C

 A enfermeira C ocúpase de coidar dos revoltosos príncipe E e princesa I. Podedes desfrutar da súa historia premendo na imaxe.







E se preferides divertirvos escoitando e bailando a súa canción,  premede na imaxe.





17 de abril de 2024

15 de abril de 2024

A SEÑORITA Z

 Coñecemos á señorita Z que é a encargada de acompañar aos príncipes cando van de paseo.

Pero ten certos problemas co príncipe E e coa princesa I. Queredes saber cales?

Pois non tendes máis que premer na imaxe.




E tamén poderedes bailar e cantar a súa canción. 













14 de abril de 2024

XORNADA DE CONTACONTOS

 Este venres dentro das actividades de animación á lectura do mes de abril contamos co contacontos  Anxo Moure.

Ademais de pasalo moi ben aprendemos a coidar da natureza e respectala.