29 de octubre de 2021

SAMAÍN

Ola familias, esta semana chegou o Samaín ao cole e os máis cativos fixemos unhas cabaciñas coas nosas mans estampadas en pintura de dedos. Desfrutamos moito e logo quixemos facernos unhas fotos con elas. Ademáis traballamos o conto de Corre, corre cabaciña e cantamos e bailamos ao ritmo da súa canción. Foron uns días cheos de momentos "arrepiantes"!!!!!

24 de octubre de 2021

CHEGOU O OUTONO

Xa chegou o outono e grazas á axuda dos nenos e nenas e das súas familias fixemos unha exposición de outono que quedou moi ben.

17 de octubre de 2021

COCORICO

Estes días estivemos a coñecer a outro amiguiño, o poliño Cocorico, que leva un gran susto co malvado gato Pelado, pero a súa mamá está alí lista para axudarlle a saír do apreto. Cantamos a súa canción que nos encanta!!!!

2 de octubre de 2021

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

Este mes de setembro tivemos tres compañeiros/as de aniversario, así que compartimos ese día tan especial con eles. Parabéns!!!!