31 de mayo de 2022

28 de mayo de 2022

CÓNTAME UN CONTIÑO

Seguimos co mes dos libros. Desta vez "Cóntame un contiño", unha actividade que nos gusta especialmente porque as familias sempre nos axudan e colaboran encantados. Os nenos e nenas pasárono xenial vendo aos seus papás e mamás contándolles un conto no cole aos seus compañeiros/as. Sentíronse protagonistas e moi emocionados. Moitísimas grazas. Agardamos o vindeiro ano voltar a contar con vós.
CÓNTAME UN CONTIÑO de Susi

20 de mayo de 2022

XOGOS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres día 13 celebramos o Día das Letras Galegas no noso cole. É un día moi importante para nós e ademáis de falar do escritor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán, tamén tivemos tempo para divertirnos no patio con xogos. Mirade que ben o pasamos.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS de Susi

15 de mayo de 2022

ONDE CHE GUSTA LER?

Esta foi a pregunta que lle fixemos aos nosos nenos e nenas e a resposta non puido ser máis diversa. Grazas ás familias que nos enviaron moitas fotos puidemos ver o lugar favorito dos peques onde desfrutan cos libros e eles/as contáronnos moitas cousas deses lugares tan especiais.

9 de mayo de 2022

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Unha das actividades do mes dos libros que máis nos gusta son os apadriñamentos lectores porque os nenos e nenas maiores do cole veñen e cóntannos historias, contos... encántanos. Moitas grazas rapaces e rapazas pola vosa colaboración.

2 de mayo de 2022

LIBROS FÓRA

A semana pasada Libriño propúxonos sacar os libros ao patio e alá fomos. Pasámolo fenomenal vendo os nosos contos ao aire libre e compartindo emocións.
LIBROS FÓRA de Susi

1 de mayo de 2022

SEMANA DOS CONTOS

O mes de abril no noso cole é un mes especial porque é o mes dos libros, así que facemos moitas actividades relacionadas coa lectura. A primeira que imos ensinar é a manualidade que fixemos para celebralo e as fotos coa mascota da nosa biblioteca, o noso amigo Libriño que nos enche o cole cunha morea de libros que nos encantan.