30 de diciembre de 2022

BO NADAL

Por fin chegou o Nadal e con el moitas ilusións, emocións e unha chea de cariñas nerviosas por ver aos Reis Magos que nos viñeron visitar. Tamén desfrutamos facendo a nosa árbore e traendo cousiñas para "adornar" o nacemento do cole. Desexamos a todas as familias moi boas festas e un ano 2023 moi feliz.
fELICES FESTAS de Susi

18 de diciembre de 2022

COÑECEMOS Á REINA A

Continuamos a nosa aventura no País das Letras e desta vez coñecemos á reina A, as cousas que lle gusta facer, cales son as súas flores preferidas... Aí tendes o conto e a canción da reina A.

10 de diciembre de 2022

AS NOSAS POSTAIS DE NADAL

Un ano máis os nosos pequenos e pequenas coa axuda das súas familias elaboraron unhas postais navideñas fantásticas, cheas de boas ideas e sobre todo cheas de bos sentimentos e desexos para as festas que se achegan. Parabéns a todos e todas, e por suposto ás familias que sempre colaboran. Grazas.
5º de infantil de Susi

3 de diciembre de 2022