29 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O martes día 24 celebramos no cole o día das bibliotecas escolares. Visitamos biblioaroba, a nosa biblioteca. Alí estaba agardándonos Libriño que nos recibiu encantado e nos ensinou todos os libros. Encántanlle os libros e por iso entregounos as bolsiñas viaxeiras que irán ás nosas casas todas as semanas cun libro para compartir coa nosa familia. A desfrutar deles nenos e nenas.
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES de Susi

25 de octubre de 2023

BENVIDO ETHAN

 Recibimos con moita alegría a un novo compañeiro na aula de 6ºA. Benvido Ethan, de seguro imos desfrutar xuntos.



13 de octubre de 2023

COÑECEMOS AO PANADEIRO P

Ola de novo. Entramos no País das Letras para coñecer a todos os seus habitantes. Tocoulle primeiramente ao panadeiro p, que primeiro foi perruqueiro pero non lle foi moi ben e agora é o panadeiro e pasteleiro de Letrilandia. Queredes coñecer a súa historia? Pois non tendes mais que vela premendo na imaxe.

Aquí temos unhas cantas palabras para practicar e aprender como fala cando está coa familia real.
Podemos tamén bailar coa súa canción. Preme na imaxe.

 


5 de octubre de 2023

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

Neste mes de setembro cumplen anos os nosos compañeiros Xurxo, Antía Rivera e Icía. Parabéns para eles.