29 de junio de 2022

VACACIÓNS

Desexámosvos un verán cheo de diversión, de tranquilidade, de risas, de descanso, de xogo... e de todo o que máis vos guste. Agardámosvos no mes de setembro con moito ánimo e enerxía. Felices vacacións a tod@s

ANIVERSARIOS DO VERÁN

Nestes meses de verán nos que estaremos de vacacións algúns dos nosos nenos e nenas están de aniversario. Parabéns a todos eles e elas. No mes de xullo cumpren anos Vega, Ian A., Noel, Carla, Agoney, Ainara e Antía Rodríguez. No mes de agosto cumpren anos Alba, Ian F. e Sabela.

26 de junio de 2022

ANIVERSARIOS XUÑO

No último mes do curso celebran o seu aniversario Noa e Paula, Mauro, Iker, Manuel Graña e Erea. Moitos parabéns nenos e nenas , xa tendes 4 anos!!!!!

22 de junio de 2022

SEMENTAMOS

Un bo día decidimos sementar unhas plantiñas nun xardín moi peculiar que temos no cole. Tamén visitamos o noso horto que ten moitos froitos: amorodos, patacas, leitugas... Mirade como o fixemos.
NÓS TAMÉN SEMENTAMOS de Susi

12 de junio de 2022

VISITA Á BIBLIOTECA

Visitamos a biblioteca onde está o noso amigo Libriño que nos tiña preparada unha morea de libros para nós. Encantounos estar alí e aprendemos que os libros hainos que coidar moito para poder compartilos e desfrutalos. Voltaremos máis veces sen dúbida.
Visita biblioteca de Susi

4 de junio de 2022