26 de diciembre de 2023

NADAL 2023🎅

  Chegou por fin o día da visita dos Reis Magos. Alá fomos con moita ilusión e coas nosas cartiñas preparadas. Ademais Sofía e Carla levaron unha grata sorpresa porque os Reis Magos entregáronlles un agasallo por ser as gañadoras dos debuxos para o calendario do cole. 
  Parabéns a elas e a todos e todas por participar e facelo con tanto esmero. Mágoa que soamente haxa un premio para cada aula. O vindeiro ano a volver intentalo. 
  Aproveitamos para dar as grazas a todas as familias pola súa colaboración e desexarlles un bo nadal e un feliz ano 2024.
Bo Nadal de Susi

25 de diciembre de 2023

AS NOSAS POSTAIS DE NADAL

Coma todos os anos participamos no concurso da postal do Nadal e estas son as nosas creacións. Moitas grazas ás familias por tanta axuda.
As nosas postais de Nadal de Susi

17 de diciembre de 2023

BAILAMOS COA S

 Podes bailar coa canción da señorita S. Preme na imaxe para aprender o baile.



A SEÑORITA DO SILENCIO S

Coñecemos á señorita do silencio, a señorita S. Ela é a encargada de que no País das Letras non haxa ruido. Queredes saber como acadou este traballo tan complicado? Pois preme na imaxe e saberás a súa historia.




Cando se atopa coa familia real a señorita S fala con eles. Practica as sílabas.



 




10 de diciembre de 2023

APRENDEMOS SOBRE OS ELEFANTES

Neste trimestre fixemos un pequeno proxecto a partir do conto de Elmer, un elefante moi diferente e especial. Aprendemos cousas dos elefantes, o grandes que son, as súas partes, como nacen... Cada un trouxo algunha información da súa casa e así fomos sabendo entre todos/as moitos aspectos da vida destes animais que non sabiamos. Aí vos deixamos unha pequeniña mostra do que traballamos.
Elmer e os elefantes de Susi

9 de diciembre de 2023

2 de diciembre de 2023

A SEÑORA DA MONTAÑA M

Seguimos a coñecer os personaxes do País das Letras. Desta vez tocounos saber quen era a señora da montaña M. Se ti tamén queres saber quen é preme na imaxe.
Se tamén queres aprender a súa canción preme na imaxe.