28 de marzo de 2024

UN TESOURO EN CADA PINGA 💧

Neste segundo trimestre estivemos a aprender moitas cousas sobre a auga, a súa importancia e o indispensable que é para a nosa vida.
Fixemos moitos experimentos e descubrimos a onde vai a auga despois de usala nas nosas casas.
Moitas grazas ás familias por tanta axuda. Aquí está unha pequena mostra do realizado.

Un tesouro en cada pinga de Susi

26 de marzo de 2024

O PORTEIRO LL 🔑

 Xa coñecemos ao porteiro do palacio real, o porteiro LL que ten un montón de chaves que abren moitas portas. Mirade a súa historia premendo na imaxe.





Tamén podedes bailar coa súa canción e practicar silabeando.








25 de marzo de 2024

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA 🌳

 O día 21 de marzo celebramos o día da árbore e da poesía.

 Entre todos os nenos e nenas do cole fixemos un mural na nosa biblioterraza. Nós tamén colaboramos e convertímonos en poetas facendo un pareado que colgamos da árbore.

Alí fomos  facernos unha foto moi felices.







16 de marzo de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 👩

O pasado día 8 de marzo celebramos o día internacional da muller con todos os compañeiros e compañeiras de infantil no salón de usos múltiples cun acto onde vimos un conto feito polos nenos e nenas de 3º de Primaria, cantamos unha canción e interpretamos unha poesía  de Rosalía de Castro, xa que tamén conmemoramos o seu día.








8 de marzo de 2024

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO

 Neste mes de febreiro celebramos con Brais, Bruno e Enzo os seus 6 anos. 

Facémonos maiores!! Parabéns aos tres.





2 de marzo de 2024

LETRA Y

 Coñecemos estes días á letra Y, que non é máis que o xardineiro J que coida da princesa I. 

Queredes saber por que? Pois escoitade a súa historia e saberedes ademais que pasou cos seus puntiños. 

Preme na imaxe.







Baila coa canción e desfruta cantando. Fai clic na imaxe e practica as sílabas.