24 de noviembre de 2023

O LEITEIRO L

O encargado no País das Letras de ordeñar as vacas e levar o leite ao panadeiro p e á familia real é o leiteiro L. Querédelo coñecer? Pois aí tendes a súa historia, preme na imaxe para vela.

Practicamos lendo o leiteiro l cando vai acompañado da familia real.
Tamén podemos bailar coa súa canción. Preme na imaxe.

17 de noviembre de 2023

BENVIDA EMMA

Esta semana recibimos con moita alegría a unha nova compañeira, EMMA, á que damos a benvida á aula de 6º B. Agardamos que sexas moi feliz con nós.

12 de noviembre de 2023

MAGOSTO

O venres día 10, víspera de San Martiño, celebramos o magosto, esta festa tan tradicional na nosa provincia. Por suposto que tivemos boliños preñados, xogos e non podían faltar as castañas asadas. Pasámolo xenial. Xa estamos desexando que chegue o vindeiro ano para repetir xa no "piso" dos maiores... Pero iso será outra historia. Agora a desfrutar deste magosto!!!!
Magosto de Susi

11 de noviembre de 2023

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

No pasado mes de outubro celebramos con Hugo, Sarela, Lía Pérez e Roi Holguín os seus 5 anos. Parabéns para todos eles!!!

4 de noviembre de 2023