27 de noviembre de 2022

SEGUIMOS COA IGUALDADE

Con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres (25 N) e dentro das actividades programadas polo Concello, o grupo de teatro Trinke, trinke ofreceunos un conto "O rato canguro" para os nenos e nenas de infantil co que desfrutamos moito.

20 de noviembre de 2022

CONTOS DE IGUALDADE

O pasado luns, día 14, recibimos a visita de Uxía Morán, unha contacontos que trouxo tres historias que nos ensinaron moito.

11 de noviembre de 2022

O MAGOSTO XA CHEGOU

O xoves día 10 celebramos o magosto no cole con xogos, chourizos e castañas. Pasámolo moi ben e tivemos un día fantástico. Queremos compartilo con vós. Aí tendes un resumo en imaxes.
MAGOSTO de Susi

4 de noviembre de 2022

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

No mes de outubro cumpriron anos Sarela, Hugo, Lía Pérez e Roi H. Moitísimos parabéns para os catro que xa teñen un aniño máis.