26 de febrero de 2022

ENTROIDO

Por fin chegou o entroido e malia que tivemos que volver celebralo coas máscaras de novo, non nos faltou ilusión e ganas. Os nenos e nenas estaban fenomenal de avoíños e avoíñas. Queremos agradecer moitísimo a axuda prestada polas familias sen as que non sería posible esta celebración do entroido. MIL GRAZAS!!!!

12 de febrero de 2022

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

No mes de xaneiro tivemos moito que celebrar. Varios dos nosos compañeiros e compañeiras estiveron de aniversario. Parabens para todos/as!!!!

7 de febrero de 2022

CELEBRAMOS A PAZ

No cole celebramos o día da paz. Aínda que ese día eramos pouquiños estivemos moi atentos a todas as cousiñas que podemos facer para vivir en paz.

1 de febrero de 2022

BENVIDA SOLANGS

Damos a benvida á aula de 4º B de infantil a unha nova compañeira , Solangs. De seguro que vai estar moi contenta con tantos novos amigos e amigas.