29 de octubre de 2022

SAMAÍN

E chegou o Samaín. Todos os nenos e nenas do cole colaboramos na decoración desta celebración. A nós tocounos facer uns vampiros e ademáis fixemos algunha outra actividade, bailamos coa música terrorífica e miramos contos de medo. Aí vos deixamos algunhas das cousiñas que fixemos.
SAMAÍN de Susi

23 de octubre de 2022

O REI U

Esta semana coñecemos ao rei U, o rei do País das Letras. Aprendemos como se fai o seu corpo e bailamos coa súa canción.

16 de octubre de 2022

COÑECEMOS AO SEÑOR ESTUDIOSO

Esta semana coñecemos un novo país, o País das Letras, no que viven todas as letras. Estamos desexando coñecelas todas para poder ler todos os libros que Libriño ten na biblioteca, pero claro isto vainos levar tempo. Polo de agora soubemos quen era o Señor Estudioso que vai anotando na súa libreta a todos os amigos e amigas que atopa en Letrilandia. Tanto nos gustou que fixemos unha fotiño con il. Aí a tendes. Estamos guapos, non sí?

10 de octubre de 2022

CHEGOU O OUTONO

Aínda que non o pareza o outono xa chegou e durante algunhas semanas imos falar na nosa aula de cousiñas do outono e que mellor xeito de comenzar que con unha canción que nos encanta de Uxía Lambona. Aí vola deixamos para que a cantedes na casa cos cativos.

2 de octubre de 2022

ANIVERSARIOS SETEMBRO

Este mes cumpriron anos Icía, Xurxo e Antía Rivera. Moitos parabéns para eles. Tamén felicitamos a Lía Parente que cumpriu en agosto e non puido celebralo no mes de xuño, así que moitas felicidades tamén para ela.