28 de junio de 2023

ANIVERSARIOS DE XUÑO

Neste último mes de curso celebramos con Noa, Paula, Iker, Manuel G., Mauro e Erea os seus 5 anos. Estaban moi contentos e contentas porque xa son maiores. Parabéns.

11 de junio de 2023

ANIVERSARIOS DE MAIO

 No mes de maio celebramos con Sofía e Daniela o seu aniversario. Desexamos que cumpran moitos mais. Parabéns.




3 de junio de 2023

CONTACONTOS

O pasado martes día 30 de maio recibimos a visita dun contacontos grazas á editorial Consorcio.

SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder á a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo. 

Cantamos e axudamos a Supercoroza nas súas misións. Pasámolo moi ben.