25 de diciembre de 2021

BO NADAL

Chegaron os Reis Magos e todos/as estabamos moi nerviosos para velos. Foi un día moi emocionante. Deixáronnos unha caixa enorme para cada aula chea de agasallos que desfrutaremos á volta das vacacións. E Papá Noel tampouco se esquenceu e trouxo un detalliño para cada un. Grazas por lembrarse. Seguiremos a portarnos ben para que o vindeiro ano volten visitarnos. BO NADAL PARA TODOS.

19 de diciembre de 2021

CASIÑAS DE NADAL

Para celebrar que o Nadal xa está moi pretiño as familias axudaron aos nenos e nenas a decorar unhas casiñas. Podedes ver que bonitas quedaron todas. Moitas grazas pola axuda.

12 de diciembre de 2021

QUE PASA SE...

Amosámosvos outro dos experimentos. Titúlase "Que pasa se..." Se queredes sabelo non tendes máis que botar unha ollada e averigualo.

4 de diciembre de 2021

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

No mes de novembro as nosas amigas Alicia, Aine, María e Dana estiveron de aniversario e na clase celebrámolo con elas. Moitos parabéns!!!!