28 de noviembre de 2021

SEGUIMOS EXPERIMENTANDO

Continuamos cos nosos experimentos. Desta vez ensinámosvos o noso experimento cun ovo que metemos nun vaso con vinagre... Que credes que lle pasou? Pois os nosos nenos e nenas averiguárono e quedaron abraiados.

21 de noviembre de 2021

EXPERIMENTAMOS...

Esta semana fixemos algúns experimentos. O primeiro foi o da mestura de cores. Pasámolo xenial pintando as nosas mans. Fixádevos. E non nos perdades de vista porque temos máis experimentos que amosarvos.

13 de noviembre de 2021

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Celebramos o magosto no cole comendo chourizos e coa visita dunha castañeira que nos fixo unhas castañas quentiñas e deliciosas. E despois de comer... a xogar ao patio.

CHEGOU O MAGOSTO

O venres 12 de novembro celebramos o magosto no cole pero antes diso fixemos unha coroa cunha castaña que levamos para casa. Mirade que guapos estabamos.!!!!<

7 de noviembre de 2021

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

No pasado mes de outubro catro dos nosos compañeiros/as estiveron de aniversario e no cole tamén o quixemos celebrar con eles. Parabéns amiguiños!!!!