11 de septiembre de 2023
BENVIDOS
Voltamos ao cole con emoción e ganas de vernos de novo e contar todo o que fixemos no verán.Temos por diante todo un curso con moito que aprender e desfrutar. Alá imos, comeza o curso, benvidos a tod@s, nen@s e familias.
15 de julio de 2023
7 de julio de 2023
ANIVERSARIOS AGOSTO
No mes de agosto aínda estaremos de vacacións así que no cole celebramos os aniversarios de Ian F., Sabela, Alba e Lía Parente por anticipado. Feliz aniversario. Pasadeo moi ben. Cando nos vexamos en setembro xa teredes 5 aniños.
2 de julio de 2023
ANIVERSARIOS DE XULLO
Aínda que xa estamos de vacacións non esquecemos aos amiguiños e amiguiñas que están de aniversario. Parabéns para eles e elas.
28 de junio de 2023
ANIVERSARIOS DE XUÑO
Neste último mes de curso celebramos con Noa, Paula, Iker, Manuel G., Mauro e Erea os seus 5 anos. Estaban moi contentos e contentas porque xa son maiores. Parabéns.
11 de junio de 2023
ANIVERSARIOS DE MAIO
No mes de maio celebramos con Sofía e Daniela o seu aniversario. Desexamos que cumpran moitos mais. Parabéns.
3 de junio de 2023
CONTACONTOS
O pasado martes día 30 de maio recibimos a visita dun contacontos grazas á editorial Consorcio.
SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder á a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo.
Cantamos e axudamos a Supercoroza nas súas misións. Pasámolo moi ben.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)