26 de marzo de 2023

BAILANDO COA PRINCESA O

Agora que xa coñecemos a historia da princesa o seguimos a traballar e aprendemos a súa canción.

 
Preme na imaxe 

19 de marzo de 2023

A PRINCESA O

Coñecemos por fin á filla maior dos reis de letrilandia, a princesa O. Se queredes saber máis sobre ela aí tendes a súa historia.

5 de marzo de 2023

O DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro é o día de Rosalía e celebrámolo aprendendo algunha poesía desta gran escritora e sacamos esta foto no mural de Rosalía que temos no cole. En vindeiros días amosarémosvos máis cousiñas que fixemos para celebralo.

26 de febrero de 2023

ANIVERSARIOS FEBREIRO

Ademais de celebrar o entroido no mes de febreiro tamén celebramos os aniversarios de Brais, Bruno e Enzo. Parabéns para eles que xa teñen un ano máis.

20 de febrero de 2023

ENTROIDO

Chegou o entroido ao cole e neste curso por fin puidemos celebralo ao grande, ata saímos á rúa desfilando!!!!
entroido de Susi

12 de febrero de 2023

COÑECENDO Á PRINCESA I

Estamos a coñecer a un novo membro da familia real, a princesa i, que é moi chorona. Se queredes saber a razón pola que chora tanto non tendes máis que ver a súa historia. Aí vola deixamos.