27 de mayo de 2023

EXCURSIÓN A LODOSELO

O martes, día 23 de maio fomos de excursión a Lodoselo, un centro de desenvolvemento rural onde se vive en plena natureza e se desfruta do entorno e das actividades ao aire libre. 
 Tivemos moita sorte porque luciu o sol e poidemos aproveitar moi ben o día. 
 Aí vos deixamos unha mostra de todo o que fixemos. 
Pasámolo moi ben e tamén aprendemos moito. Agardamos o vindeiro curso poder voltar de excursión a outro lugar e seguir aprendendo xuntos. 
 Queremos agradecer á profe Teté e ao profe Carlos por acompañarnos e a todos os monitores do centro rural que nos atenderon con moito agarimo.
viaxe a Lodoselo de Susi

No hay comentarios:

Publicar un comentario