26 de diciembre de 2023

NADAL 2023🎅

  Chegou por fin o día da visita dos Reis Magos. Alá fomos con moita ilusión e coas nosas cartiñas preparadas. Ademais Sofía e Carla levaron unha grata sorpresa porque os Reis Magos entregáronlles un agasallo por ser as gañadoras dos debuxos para o calendario do cole. 
  Parabéns a elas e a todos e todas por participar e facelo con tanto esmero. Mágoa que soamente haxa un premio para cada aula. O vindeiro ano a volver intentalo. 
  Aproveitamos para dar as grazas a todas as familias pola súa colaboración e desexarlles un bo nadal e un feliz ano 2024.
Bo Nadal de Susi

No hay comentarios:

Publicar un comentario