28 de junio de 2023

ANIVERSARIOS DE XUÑO

Neste último mes de curso celebramos con Noa, Paula, Iker, Manuel G., Mauro e Erea os seus 5 anos. Estaban moi contentos e contentas porque xa son maiores. Parabéns.

11 de junio de 2023

ANIVERSARIOS DE MAIO

 No mes de maio celebramos con Sofía e Daniela o seu aniversario. Desexamos que cumpran moitos mais. Parabéns.




3 de junio de 2023

CONTACONTOS

O pasado martes día 30 de maio recibimos a visita dun contacontos grazas á editorial Consorcio.

SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder á a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo. 

Cantamos e axudamos a Supercoroza nas súas misións. Pasámolo moi ben. 






27 de mayo de 2023

EXCURSIÓN A LODOSELO

O martes, día 23 de maio fomos de excursión a Lodoselo, un centro de desenvolvemento rural onde se vive en plena natureza e se desfruta do entorno e das actividades ao aire libre. 
 Tivemos moita sorte porque luciu o sol e poidemos aproveitar moi ben o día. 
 Aí vos deixamos unha mostra de todo o que fixemos. 
Pasámolo moi ben e tamén aprendemos moito. Agardamos o vindeiro curso poder voltar de excursión a outro lugar e seguir aprendendo xuntos. 
 Queremos agradecer á profe Teté e ao profe Carlos por acompañarnos e a todos os monitores do centro rural que nos atenderon con moito agarimo.
viaxe a Lodoselo de Susi

14 de mayo de 2023

CÓNTAME UN CONTIÑO

No mes dos libros sempre contamos coa axuda das familias que veñen ao cole a contarnos un contiño. Os nenos e nenas estaban superemocionados e aquí vos deixamos un pequeno resumo de tantas emocións. Moitísimas grazas pola vosa colaboración.
5º INFANTIL CURSO 22_23 de Susi

7 de mayo de 2023

LIBROS FÓRA

Formando parte das actividades do mes dos libros sacamos os libros ao patio e desfrutamos un montón compartindo as lecturas coas que nos agasalla o noso amigo Libriño. Mirade como nos foi.
LIBROS FÓRA de Susi

6 de mayo de 2023